Publicador de contidos
Publicador de contidos

Protesta dos usuarios do tren A Coruña-Ourense polos cambios horarios para adaptarse ao AVE

Protesta dos usuarios do tren A Coruña-Ourense polos cambios horarios para adaptarse ao AVE

A partir do 21, coa entrada en funcionamento da alta velocidade, o Avant das 6:30 sairá da Coruña 35 minutos antes

Esixen un servizo de proximidade adaptado ás necesidades dos traballadores

G24.gal 14/12/2021 14:45

Queda unha semana para a entrada en funcionamento da alta velocidade entre Madrid e Ourense, un servizo moi agardado por moitos que reducirá o tempo de viaxe a tan só dúas horas e 15 minutos. Pero as ansias duns contratas co malestar doutros.

É o caso dos usuarios que collen a diario Avant entre A Coruña e Ourense  a primeira hora da mañá para ir traballar á cidade das Burgas. Agora contan cun tren ás 6:30, pero a partir do 21 de decembro dende as 5:55 non terán ningún outro tren ata as 8 da mañá. Axustes horarios pensados para facilitar as conexións coa alta velocidade. Os afectados xa presentaron queixan ante Renfe, o Valedor do Pobo e o Defensor del Pueblo, ademais de iniciar unha campaña de recollida de sinaturas. Demandan un servizo de proximidade que se adapte as necesidades dos traballadores.

Dende Renfe subliñan que coa entrada en funcionamento da alta velocidade se incrementarán as frecuencias dos servizos Avant, que pasan de 84 a 103 á semana. En canto aos horarios, afirman, adáptanse ás necesidades da maioría dos clientes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade