Publicador de contidos

Publicador de contidos

Prospeccións en Ribadeo para documentar os canóns somerxidos na ría

Prospeccións en Ribadeo para documentar os canóns somerxidos na ría

O obxectivo é facer nesta zona o primeiro parque subacuático do norte peninsular

G24.gal 11/06/2023 14:43 Última actualización 11/06/2023 16:16

Xornada de mar e aventura na ría de Ribadeo. A primeira hora embarcamos para chegar á zona de Arnau, onde nos espera o equipo de arqueólogos que durante dez días están facendo as prospeccións necesarias para estudar e definir que hai xusto baixo estas augas da ría, onde xa se localizaron 19 canóns.

O traballo de campo supón apenas un dez por cento da investigación que hai que facer para documentar e datar todo o material mergullado. A previsión sería facer nesta zona o primeiro parque subacuático do norte peninsular.

Os canóns atópanse a partir dos tres metros de profundidade, co cal o posible parque subacuático sería ideal mesmo para mergulladores principiantes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade