Publicador de contidos

Publicador de contidos

Proliferan en Galicia os establecementos de luxo para cans

Proliferan en Galicia os establecementos de luxo para cans

Ofrécense salón de peiteado, xastrería ou aprendizaxe de habilidades

En España aumentou a poboación canina en dous millóns desde o comezo da pandemia

G24.gal 07/05/2022 15:30

A vida de can xa non é o que era, agora os nosos amigos teñen ao seu alcance comodidades das que moitas persoas nin poden imaxinar. E proliferan instalacións case de luxo para o completo benestar das mascotas.

Pensados como establecementos de estancias temporais ou mesmo vacacións para animais, os servizos que se ofrecen son cada vez máis sofisticados e personalizados

Tras o servizo veterinario básico veu o salón de peiteado, e mesmo a xastrería, para entrar xa no campo do adestramento e aprendizaxe de habilidades. O último é cursos de modificación de conduta, incluso para os donos.

E estase poñendo de moda tamén o servizo de neneiras, cada vez máis demandado en zonas urbanas. Humanizamos tanto a vida do can que corremos o risco de deturpar a súa natureza animal.

En España hai agora uns 9 millóns de cans. Dous millóns máis que antes da pandemia, cando aumentou de xeito exponencial a compra de mascotas para ter compañía durante as duras semanas do confinamento. Ter compañeiro require tamén responsabilidade

Quen sabe se na cabeza deses seres tan entrañables máis que suites de luxo, o que demandan é que nunca lles falte un aloumiño.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade