Profesionais do "coaching" falan en Santiago de motivación e liderado
Un festival de coaching en Santiago aposta polo liderado baseado no desenvolvemento persoal
O autocoñecemento resulta fundamental para conseguir o éxito profesional e individual
Nunha sociedade cada vez máis especializada e individualizada, a motivación particular e profesional vai gañando enteiros. De orixe anglosaxona, o coaching, o desenvolvemento propio, busca implicar os traballadores tanto na esfera laboral coma persoal.
Esta mañá en Compostela celebrouse un encontro para explorar as estratexias de motivación profesional e de liderado que fan que un grupo obteña os mellores resultados pero sen perder de vista o carácter solidario da colectividade.
"As grandes lendas son de persoas que tomaron ese liderado, esa iniciativa para levar o seu pobo, a súa xente, onde non podían chegar. Ese é o liderado do que estamos a falar, de cando o equipo está comprometido, con tantas ganas coma o líder", mantén Daniel Álvarez.
Coa celebración da nova promoción de preparadores, uns trescentos asistentes presenciaron de man de especialistas en comunicación e desenvolvemento motivacional, as últimas estratexias na materia.
A xornada desenvolveuse entre actuacións, espectáculos e diversas actividades para preparar os profesionais cara a un futuro que xa é presente.