Publicador de contidos

Publicador de contidos

Produtos ecolóxicos galegos, unha alternativa para os agasallos

Produtos ecolóxicos galegos, unha alternativa para os agasallos

A campaña procura dinamizar o consumo de produto ecolóxico galego

O Craega agarda superar os 108 millóns de euros facturados o pasado ano

A campaña inclúe imaxes e mensaxes para convencer o consumidor da importancia de apostar por produtos sostibles
G24.gal 30/12/2021 19:02

Alimentos gourmet elaborados con produtos do mar, mel, xeados, empanadas e pizzas con algas... O sector de produtos ecolóxicos galegos ofrece un amplo abano de posibilidades para sorprender nestas datas cun agasallo alternativo.

Iso é o que pretende o Craega cunha campaña en que ademais as empresas promoven os seus produtos con imaxes e mensaxes especiais. Un bo agasallo que ademais pode axudar a que moita xente se inicie no consumo destes produtos certificados.

Co lema "Este Nadal regala eco... á túa saúde" a campaña vaise prolongar ata o cinco de xaneiro. Será o remate dun ano con datos provisionais positivos para os produtos ecolóxicos galegos, que según o Craega superarán os 108 millóns de euros de facturación acadados o pasado ano.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade