A Semana de Cine Submarino achega a realidade dos oceános aos máis pequenos
Os escolares que asitiron as proxeccións amosáronse sorpendidos coa riqueza dos fondos mariños e falaron da importancia de coidar e de non contaminar
Mergullarse co campión do mundo de apnea e pasear polas ruínas dun templo xaponés ou coñecer especies únicas que habitan no Douro é posible na Semana de Cine Submarino de Vigo que hoxe recibiu os máis pequenos.
Os escolares que asitiron as proxeccións amosáronse sorpendidos coa riqueza dos fondos mariños e falaron da importancia de coidar e de non contaminar este ecosistema para respectar aos seres vivos que o habitan e non quedar sen recursos.
E é que educar as novas xeracións no respecto ao ecosistema mariño é un dos obxectivos dunha iniciativa que achega interesantes producións locais e internacionais de cine submarino.
Segundo conta o seu director, José Luís González, entre outras pezas audiovisuais, os asistentes poderán coñecer os perigos da sobreexplotación pesqueira de quenllas en todo o mundo ou ver un dos pecios mellor conservados do mundo, O Umbría, un barco afundido polo seu capitán na Segunda Guerra Mundial para evitar que o seu cargamento caese en mans británicas.
Mergullarse e comprometerse coas historias que conta o mar, a través do cine e de balde, é posible ata o xoves no teatro vigués da Fundación.