Cargando resultados...
Problemas pola ocupación e o tráfico de drogas no barrio coruñés do Castrillón
Moitos veciños aseguran ter medo pola presenza de toxicómanos sobre todo polas noites
G24.gal
25/02/2022 14:19
Os veciños do Castrillón senten medo ante a presenza de toxicómanos nas súas rúas. Nos últimos tempos medrou o seu número din, o mesmo que os roubos e a sensación de inseguridade, sobre todo polas noites.
Son varios os puntos conflitivos no barrio. Dende a asociación de veciños denuncian a situación e aínda que teñen contacto habitual coa policía piden un esforzo ás autoridades municipais para que o barrio recupere unha maior normalidade a todos os niveis. Por iso solicitan medidas urxentes que os axuden, din, a recuperar a mellor convivencia posible.