Dous homes detidos pola venda de drogas nun piso en Lugo
A investigación comezou tras varias comunicacións de asociacións de veciños e comerciantes que observaban unha actividade "inusual"
Os detidos foron postos á disposición xudicial

A Policía Nacional detivo este pasado mércores en Lugo por tráfico de drogas dous homes que vendían estupefacientes nunha vivenda situada no barrio da Milagrosa.
Nun comunicado, informa de que a investigación comezou tras varias comunicacións de asociacións de veciños e comerciantes que observaban unha actividade "inusual" nunha determinada vivenda.
Así, empezaron as pescudas policiais para determinar os feitos, culminando coa detención de dous homes e o rexistro da vivenda onde se realizaban a maioría dos contactos para a venda das drogas.
Durante o desenvolvemento do operativo intervéñense un total de 150 gramos de cocaína, distribuídos en papelinas preparadas para a súa venda final e consumo. Tamén foron intervidos 300 gramos de substancias de corte e diferentes útiles para a preparación de substancias estupefacientes (muíños, básculas) xunto con máis de 300 euros. Os detidos foron postos á disposición xudicial.