Publicador de contidos

Publicador de contidos

Problemas co tope aos prezos, por Maite Cancelo

Problemas co tope aos prezos, por Maite Cancelo

Maite Cancelo 13/09/2022 08:00

A proposta de Yolanda Díaz, vicepresidenta e ministra de Traballo do Goberno de España, segue a causar unha forte controversia. A última prodúcese dende as patronais da distribución que opóñense, entre outras razóns, porque o “marco legal non contempla a posibilidade de chegar a acordos entre as empresas sobre ningún tipo de cuestión que limite ou altere a competencia”.

Sobre esa cuestión xa se pronunciou a propia Comisión Nacional de Mercados e a Competencia (CNMC) que alertou, hai uns días, de que calquera acordo entre operadores para fixar prezos máximos está prohibida por lei, tanto na Lei de defensa da competencia como no Tratado de funcionamento da Unión Europea.

De feito, esta é unha das misións desta Comisión (cando o ámbito das actuacións lesivas á competencia é estatal). En Galicia, a Comisión Galega da Competencia é o órgano independente de velar polo cumprimento destas normas a nivel da comunidade autónoma. E precisamente, esta comisión publicou, fai uns meses, un informe na mesma liña, sobre o establecemento dun sistema de prezos de referencia do prezo do alugueiro recollido no Proxecto de Lei polo dereito á vivenda, xa non só por tratarse dunha intervención no mercado contraia ás leis de competencia, senón polos efectos perversos que pode ocasionar, dada a experiencia deste tipo de intervención, noutros países e momentos do tempo.

Por que a fixación dun tope aos prezos é negativa?

Máis aló da normativa que temos que cumprir, hai estudos que mostran como a fixación de prezos elimina a competencia e prexudica o consumidor:

  • Ao topar o prezo pero con custos cada vez maiores, pódese traducir nun descenso da produción (non é rendible producir e vender a uns prezos topados).

  • Un descenso na produción pode levar a un desabastecemento no mercado (isto xa o vimos nalgún país como en Venezuela).

  • Ao controlar o prezo dalgúns alimentos, pode subir o prezo dos demais (como forma de compensar as perdas empresariais).

  • A experiencia histórica, despois dalgunha guerra, cando se toparon prezos a consecuencia foi unha maior escaseza de alimentos producida, precisamente, pola falta de incentivos á produción.

E isto que estamos a falar dos alimentos está constatado tamén no mercado de alugueiro da vivenda, onde un forte grao de intervencionismo produce unha redución da oferta de alugueiro é unha exclusión social entre os demandantes de menores rendas (onde se inclúen os xoves).

Outras posibilidades para frear a escalada de prezos e aliviar ás familias

Cunha baixada de impostos. Temos marxe no IVE nos carburantes e na cesta da compra para que o prezo final sexa menor. Ou deflagrando o IRPF, o sexa, axustar os tramos do gravame á inflación (o cal non acontece de xeito automático) e que tería o efecto de reducir a perda de poder adquisitivo das persoas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade