Cargando resultados...
Prisión sen fianza para un mozo acusado de agredir sexualmente unha rapaza en Lugo
Coñecéronse durante unha noite de festa e, supostamente, o home violouna mentres estaba inconsciente

G24.gal
28/09/2023 12:54
Prisión sen fianza para un mozo de 27 anos acusado de agredir sexualmente unha rapaza despois dunha noite de festa en Lugo.
A moza declarou na comisaría que foi forzada mentres estaba inconsciente. Coñecera o suposto agresor nunha zona de copas e decidiron marchar xuntos a un hostal. A vítima perdeu o coñecemento e dixo que cando espertou o home estaba enriba dela mantendo relacións sexuais sen o seu consentimento.
A rapaza acudiu a un centro sanitario para ser atendida, e as propias enfermeiras recomendárolle que presentase denuncia.