Publicador de contidos

Publicador de contidos

Prisión sen fianza para o autor do tiroteo na gasolineira de Vilamarín

Prisión sen fianza para o autor do tiroteo na gasolineira de Vilamarín

Está investigado por un delito de intento de asasinato e outro de tentativa de homicidio

A principal hipótese dos investigadores é un axuste de contas por unha relación non consentida por parte da familia ferida no tiroteo

Declara nos xulgados de Ourense o único detido polo tiroteo en Tamallancos

G24.gal 10/03/2022 18:53

A maxistrada do Xulgado de Instrución número tres de Ourense decretou o ingreso en prisión comunicada e sen fianza para o detido polo tiroteo na gasolineira de Vilamarín.

Segundo confirmaron fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o autor do tiroteo está sendo investigado por dous delitos, de intento de asasinato e outro de tentativa de homicidio, despois de pasar a disposición xudicial na cidade de Ourense.

O home de 48 anos, veciño de Amoeiro, foi arrestado o pasado martes como presunto autor dun tiroteo rexistrado nunha gasolineira a Vilamarín, que rematou con catro persoas feridas.

Os investigadores pensan que o home abriu fogo cunha escopeta contra varias persoas e as perseguiu cando buscaban refuxio no local da estación de servizo.

Tres dos feridos pertencen a unha mesma familia de etnia xitana, o pai, a nai e un fillo ademais dunha cuarta persoa, en concreto, un cliente que se atopaba nese momento no establecemento.

A principal hipótese que barallan os investigadores é un posible axuste de contas por unha relación non consentida por parte da familia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade