Prisión provisional para o acusado de acoitelar o seu pai nun club nas aforas de Santiago
Está investigado por un suposto delito de homicidio en grao de tentativa
Fontes próximas á investigación aseguraron que a arma foi intervida e que o mozo recoñeceu os feitos

A titular do Xulgado de instrución número 2 de Santiago de Compostela decretou o ingreso en prisión provisional e sen fianza do mozo de 25 anos detido por acoitelar supostamente o seu pai non local de copas nas aforas da capital galega. Está investigado por un suposto delito de homicidio en grao de tentativa.
Os feitos tiveron lugar entre as 05.00 e as 06.00 horas deste luns no local Pub A Casa, situado en San Marcos, onde o mozo foi detido como presunto autor dun apuñalamento con arma branca ao seu pai, que foi evacuado ao Hospital Clínico da capital galega.
Fontes próximas á investigación aseguraron que a arma foi intervida e que o mozo recoñeceu os feitos. Así mesmo, confirmaron que hai unha testemuña do ocorrido.