Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detido o pai de acollida do neno de tres anos que apareceu morto dentro dun coche en Linares

Detido o pai de acollida do neno de tres anos que apareceu morto dentro dun coche en Linares

O home, de 70 anos, está investigado por un presunto delito de homicidio imprudente

Varias testemuñas avisaron os servizos de emerxencia da presenza dun menor en aparente estado crítico dentro dun coche

G24.gal 20/05/2025 19:10

A Policía Nacional detivo o pai de acollida do neno de tres anos que faleceu en Linares (Xaén) tras supostamente esquecerllo no interior do seu coche. A detención deste home, de 70 anos e profesor xubilado, levouse a cabo por un presunto delito de homicidio imprudente.

O detido era o encargado de levar diariamente ao menor á gardería sobre as 9.00 horas. Segundo informou a Policía Nacional, "non se sabe por que, hoxe, levouno á gardería", pero por razóns que terán que clarificarse na investigación, "levou novamente ao menor consigo, deixándoo no coche, sen decatarse de que o neno estaba con el".

Cando a nai de acollida foi a recoller ao menor á gardería é cando se decatou de que o neno non estaba na mesma. Foi entón cando ao volver a nai ao seu domicilio, o pai deuse conta do seu esquecemento.

A nai entrou en estado de shock e avisaron ao 112. O vehículo estaba aparcado nunha vía moi transitada, pero debido a que tiña os cristais tintados, ninguén puido decatarse de que o menor estaba no interior do mesmo.

Segundo confirmou a Policía Nacional, a alerta foi recibida polo servizo de Emerxencias 112 Andalucía, cando varias testemuñas alertaron da presenza dun menor en aparente estado crítico dentro dun coche.

Ata o lugar do suceso desprazáronse de inmediato efectivos da Policía Local, Policía Nacional e servizos sanitarios, que tentaron reanimar o menor mediante manobras de reanimación cardiopulmonar aínda que non se puido facer nada e finalmente confirmouse o seu falecemento.

A Policía Nacional activou o protocolo xudicial habitual neste tipo de situacións e abriu unha investigación para esclarecer as circunstancias do suceso.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade