Publicador de contidos

Publicador de contidos

O deportista Urbano González ponlle cara á ELA en busca de máis investigación

O deportista Urbano González ponlle cara á ELA en busca de máis investigación

Foi xogador de baloncesto na Coruña e leva máis de tres anos loitando contra a ELA

G24.gal 20/05/2025 20:21

Urbano González é leonés, pero pasou, na súa carreira profesional como xogador de baloncesto, pola Coruña. Precisamente, o Básquet Coruña rendeulle o sábado unha homenaxe.

O deportista loita desde hai máis de tres anos contra a ELA. A esclerose lateral amiotrófica rouboulle xa a capacidade de moverse, respirar e falar. Conversamos con el, coa axuda dunha tableta ocular.

"É unha enfermidade que aínda está como agochada, eu creo que por varias razóns: unha, que os enfermos da ELA temos data de caducidade ao ser unha enfermidade incurable e dous, que o avance da ELA vaite deixando encarcerado dentro do teu propio corpo e o aspecto físico é pouco agradecido", afirma Urbano González.

En España diagnostícanse arredor de 900 casos ao ano. Vivir coa ELA é duro e economicamente moi custoso: o enfermo require asistencia profesional constante, cadeira eléctrica, guindastre e un longo etcétera. Urbano denuncia que a falta de axudas conduce a maioría á eutanasia.

"Todos estes gastos fan que só un 5% dos enfermos de ELA poidan afrontalos, segundo datos da Fundación Luzón", lamenta Urbano. 

Urbano presentou nunha librería coruñesa 'La abeja que enfermó de ELA', o libro en que comparte a súa historia e co que busca achegas para a investigación da enfermidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade