Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detido en Panamá un asiático solicitado por España por un caso de dobre homicidio en Pontevedra

Detido en Panamá un asiático solicitado por España por un caso de dobre homicidio en Pontevedra

O detido está acusado do asasinato de dúas cidadás chinesas en 2009

 

Un xurado popular declarou unha condena a 14 anos de cárcere para Zhang Hai Jie Un xurado popular declarou unha condena a 14 anos de cárcere para Zhang Hai Jie
G24.gal 20/05/2025 19:16 Última actualización 20/05/2025 20:41

As autoridades de Panamá informaron da detención dun cidadán asiático solicitado pola Xustiza española por un caso de dobre homicidio en Galicia.

A Policía Nacional sinalou que o sospeitoso "procedente de París", foi aprehendido pola Interpol Panamá no aeroporto internacional de Tocumen, o principal do país.

Trátase de "un cidadán asiático requirido por España con notificación vermella polo delito de homicidio, feito ocorrido no 2009, en prexuízo de dúas cidadás chinesas en Galicia", indicou a Policía nunha publicación na rede X.

O diario local La Estrella detalla que a Interpol Panamá soubo que o sospeitoso, que fuxiría a China no 2009 tras o dobre crime, chegaría a Tocumen en voo en tránsito.

O crime polo que España requiría a este cidadán de orixe asiática ocorreu en abril de 2009 no interior dun piso da rúa Amado Carballo, en Pontevedra, no que residían dúas mulleres de nacionalidade chinesa, Kung Zun, de 43 anos, e Guang Qu, de 45.

A máis nova destas dúas mulleres morreu por estrangulamento, mentres que a súa compañeira de piso foi asfixiada tras tapar as súas vías respiratorias coa mesma cinta de embalar coa que foi atada durante o seu cativerio.

O suceso tivo lugar en 2009 nun piso da rúa Amado Carballo, en Pontevedra O suceso tivo lugar en 2009 nun piso da rúa Amado Carballo, en Pontevedra

Un xurado popular declarou a Zhang Hai Jie, o único acusado por estas mortes, culpable unicamente do homicidio de Guang Qu, unha condena a 14 anos de cárcere que acabou sendo revogada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, deixando o crime sen castigo.

Xa durante o xuízo os investigadores sostiñan que, polo menos Guang Qu, fora asasinada por dúas persoas, identificando o segundo sospeitoso como Wen Bin Sun, que antes de ser detido logrou fuxir a China, país que denegou a España a súa extradición.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade