Publicador de contidos

Publicador de contidos

Prisión para unha das tres persoas detidas pola agresión cunhas tesoiras a un home en Ordes

Prisión para unha das tres persoas detidas pola agresión cunhas tesoiras a un home en Ordes

A xuíza decreta o ingreso en prisión provisional, comunicada e sen fianza

As outras dúas persoas quedaron en liberdade con orde de afastamento da vítima

Acoitelado cunha tesoira no pescozo en Ordes, nunha pelexa

G24.gal 17/10/2025 18:57

A maxistrada do Tribunal número 2 de Ordes, decretou o ingreso en prisión provisional, comunicada e sen fianza, dunha das tres persoas detidas pola agresión a un home con unhas tesoiras e, posiblemente, tamén cun coitelo.

Os tres detidos pasaron este venres a disposición xudicial. Dúas das persoas investigadas quedaron en liberdade con prohibición de comunicarse coa vítima.

Investigación por tentativa de homicidio

Os tres detidos están investigados por un delito de lesións ou tentativa de homicidio, extremo que se determinará ao longo da instrución.

Os feitos ocorreron o pasado martes, arredor das 21:45 horas, na rúa Alfonso.

Ao lugar desprazáronse profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e axentes da Garda Civil, que atenderon o ferido e iniciaron a investigación dos feitos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade