Publicador de contidos
Publicador de contidos

Primeira derrota do Deportivo en Riazor esta tempada (1-2)

Primeira derrota do Deportivo en Riazor esta tempada (1-2)

O Real Unión gañoulle ambos partidos aos coruñeses este ano

Miku errou un penalti na segunda parte e Lapeña tivo o empate na derradeira xogada

G24.gal 06/02/2022 19:07

Logo dunha semana complicada en Irún, con casos positivos e o partido no aire por unha posible suspensión, o Real Unión foi quen de tombar ao Deportivo e provocar a primeira derrota dos coruñeses en Riazor esta tempada.

Os de Borja Jiménez comezaron algo dubitativos, non lle duraba demasiado o balón. No minuto 23, e cando ningún dos dous equipos disparara practicamente entre os tres paus, Alain Oyarzun conectou un remate durísimo dende a frontal que bateu a Mackay. 

A partir diso reaccionou o Dépor, empezou a ser máis profundo e tivo un balón ao longueiro de Lapeña para facer o empate. Tamén protestou dous penaltis, un a Trilli e outro a Miku, que o colexiado non sinalou e que provocaron o enfado de Borja Jiménez e dos seareiros.

Na segunda parte os branquiazuis saíron dispostos a darlle a volta ao resultado. Practicamente na primeira xogada dos segundos 45 minutos, William de Camargo canea, derrúbano e o árbitro sinala penalti. O gardamallas adiviña as intencións do venezolano Miku e detén o penalti.

Xusto despois desa acción, Alain Oyarzun aproveitaba outra contra na que pillou ao Dépor mal balanceado e colocado para facer o segundo mazazo. Malia todo, non baixaron os brazos e no 72' o colombiano Juergen Elitim conectaba un gran disparo dende a frontal para facer o 1-2.

Nese momento os de Borja Jiménez tentaron de todos os xeitos lograr o empate. A máis clara, no último de engadido, no 94', unha boa testada de Lapeña que atrapou o gardameta evitando que se movera o marcador.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar