Previa 1ª RFEF: todos os galegos, na G2
Lugo e Arenteiro protagonizarán o derbi da xornada no Anxo Carro
O Celta Fortuna busca seguir nos postos nobres ante outro filial, a Real Sociedade B
O Dépor quere sumar outros tres puntos en Riazor ante o Osasuna B
15 de xuño de 1989. Un día pasado por auga. último partido oficial entre Lugo e Arenteiro. Pasaron máis de 34 anos sen qu eo fútbol os xuntase en competición de liga. Os catro precedentes na desaparecida Segunda B deixan tres empates e un triunfio para os do Carballiño.
Máis de tres décadas despois, o Lugo e o Arenteiro son referentes futbolísticos da Galicia interior e veranse as casras esta tarde. O respecto é mutuo.
Ollo ao partido de mañá do segundo clasificado, o Celta Fortuna. Recibirá en Barreiro a outro filial avantaxado, a Real Sociedade B. O Sanse é o único invicto do grupo
E a xornada conclúe co Deportivo que recibe a outro filial, o Osasuna Promesas. Ao abeiro de Riazor, buscará lamber as feridas doutra decepción viaxeira.
A mellor versión que está aparecendo nas ultimas xornadas en Riazor. O partido, ás oito do serán, pechará unha xornada na que os catro galegos da categoría pasarán pola G2.