Publicador de contidos

Publicador de contidos

Preto de 12.700 estudantes de toda Galicia comezan este martes as probas da ABAU

Preto de 12.700 estudantes de toda Galicia comezan este martes as probas da ABAU

O día 16 coñeceranse as notas provisionais e o 23 de xuño as definitivas

Haberá que corrixir nunha semana arredor de 80.000 exames en total

As notas envíanse aos estudantes a través dunha aplicación ao seu móbil

G24.gal 06/06/2022 16:11

O de hoxe é un deses días marcados con vermello no calendario de moitos estudantes galegos. Última xornada de repaso, bibliotecas cheas e moitos nervios no día previo ás probas de acceso á universidade.

Preto de 12.700 alumnos e alumnas de toda Galicia arrancan mañá na nosa comunidade esas probas de acceso á universidade. O primeiro exame será o de Historia de España. Terán que agardar ata o día 16 para coñecer as notas provisionais e o día 23 para saber as definitivas. Agora toca, din, apurar estes últimos momentos de estudo que, por suposto, pasan con bastantes nervios. 

Poucos lugares como as bibliotecas para dar coa xente nova estes días. Preséntase as probas de acceso á universidade arredor de 300 menos que no 2021. E cando preguntamos como afrontan os exames hai unha palabra que repiten case todos.

Haberá que corrixir nunha semana en total arredor de 80.000 exames. As notas envíanse aos estudantes a través dunha aplicación ao seu móbil. As probas comezan mañá ás dez da mañá co exame de Historia de España e rematan o xoves.

Din que de pouco serve estudar a estas alturas e cos exames tan preto, o que toca hoxe é repasar e tentar calmar os nervios.

Mañá toca demostrar o aprendido. Seguro que a de hoxe será unha noite longa para moitos, e para iso a biblioteca abre tamén as súas portas en horario nocturno.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade