Preséntase un verán de intensa actividade para as orquestras galegas
Xa non hai orquestras en toda España dispoñibles para contratar nalgúns días de agosto
As restricións en dous anos de pandemia levaron á desaparición dunhas 50 orquestras en Galicia
A fin de semana pasada miles de persoas volveron sentir o goce das verbenas e mesmo superando as cifras de asistencia da vez anterior, hai dous anos.
As restricións pola pandemia fixeron estragos nas orquestras e unhas cincuenta desapareceron en Galicia. Pero a reactivación da festa volve con forza e así, na verbena do Alto, en Narón, din que se xuntaron este sábado máis de 20.000 persoas.
A demanda de grupos musicais e orquestras está a ser moi alta e mesmo, a tres meses vista, xa non hai quedan orquestras para contratar en toda España.
Víctor Antón, director de Gaias Eventos di que "o 6 de agosto, sábado, que vai ser unha data moi importante, xa non hai orquestras dispoñibles en toda España. Estamos a recibir chamadas e vai a haber o 15 de agosto e datas complicadas. Porque hai moitas ganas de festa e está a haber moita demanda de orquestras e somos menos, claro".