Publicador de contidos

Publicador de contidos

Tres mortos nun choque frontal entre dous coches en Arcos de la Frontera (Cádiz)

Tres mortos nun choque frontal entre dous coches en Arcos de la Frontera (Cádiz)

O accidente produciuse minutos antes das cinco da mañá

En cada vehículo viaxaban dúas persoas. Tres delas, dous homes e unha muller, faleceron, mentres que unha cuarta quedou ferida grave

(EFE/Román Ríos) (EFE/Román Ríos)
G24.gal 08/07/2025 08:27 Última actualización 08/07/2025 09:51

Tres persoas morreron e unha feriuse de gravidade este martes nun accidente de tráfico rexistrado ao chocaren frontalmente dous vehículos nunha estrada de Arcos de la Frontera (Cádiz), segundo informaron fontes municipais e da Garda Civil.

O accidente produciuse minutos antes das cinco da mañá no quilómetro 1 da estrada A-384 que une Arcos de la Frontera con Antequera (Málaga), cando un turismo e unha furgoneta chocaron.

En cada vehículo viaxaban dúas persoas. Tres delas, dous homes e unha muller, faleceron, mentres que unha cuarta saíu ferida grave.

Ao lugar trasladáronse efectivos da Garda Civil, de Emerxencias e dos bombeiros, xa que algunhas das vítimas quedaron atrapadas nos vehículos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade