Publicador de contidos

Publicador de contidos

Biometano a partir de restos orgánicos: Castro de Rei sitúase na carreira da transición verde

Biometano a partir de restos orgánicos: Castro de Rei sitúase na carreira da transición verde

O presidente da Xunta visitou os terreos nos que está previsto construír esta industria canda os directivos das empresas que a impulsan

G24.gal 18/11/2022 16:28

Depender menos da enerxía que vén de fóra é un dos obxectivos da planta de biometano proxectada para Castro de Rei, cuxos terreos visitou este venres o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, canda os directivos das tres empresas que impulsan esa factoría de gas a partir de residuos.

A planta terá capacidade para producir o equivalente ao 11 % do consumo de gas dos fogares da provincia de Lugo. Prevén un investimento de 20 millóns de euros e a creación de máis de 40 empregos.

Castro de Rei é un dos catro concellos que máis leite produce de Galicia. Cos residuos da gandería, Agroamb fai fertilizantes. O seu próximo proxecto é construír, xunto con Genia Bioenergy e Enagás, unha planta de biometano, de gas procedente de restos orgánicos.

"Cremos que o interior de Galicia ten moito que achegar á consecución dun próspero porvir", dixo Severino Ónega, Director executivo de Agroam; mentres que o directivo de Genia Bioenergy, Gabriel Butler, asegurou que este tipo de investimentos son fundamentais para loitar contra o despoboamento. "Esta planta xerar un investimento de máis de 20 millóns de euros e crear máis de 40 empregos", sentenciou Butler.

Ademais de crear empregos no rural, plantas coma estas son importantes porque fan depender menos da enerxía de fóra, aproveitan residuos e axudan á descarbonización.

"Porque permite descarbonizar sectores económicos onde a electricidade renovable non vai ser unha opción, como o transporte pesado, o transporte marítimo ou a industria que necesite calor de alta temperatura", explicou Antón Martínez, director executivo de Enagás renovable.

O presidente Alfonso Rueda compromete o apoio da Xunta a este proxecto, que xa declarou iniciativa empresarial prioritaria para axilizar os trámites.

"Interésanos ser pioneiros. Estamos movéndonos no momento en que hai que facelo, buscando aliados potentes, como estas", afirmou Rueda.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos