Cargando resultados...
A galega Sara Guerrero acada o bronce na proba da Copa do Mundo de Tríatlon de Chengdu
A naronesa quedou por detrás da rusa Valentina Riasova e da polaca Roksana Slupek

G24.gal
10/05/2025 12:02
Sara Guerrero acadou esta mañá a medalla de bronce na proba da Copa do Mundo de tríatlon disputada na cidade chinesa de Chengdu, tras a rusa Valentina Riasova e a polaca Roksana Slupek.
A proba disputouse sobre a distancia olímpica, e Riasova foi a mellor, cun tempo de 1h53:22 despois dos 1,5 quilómetros de natación, 39,2 de bicicleta e 10 de carreira a pé. Avantaxou en seis segundos a Slupek, mentres que a triatleta de Narón chegou cun tempo de 1h53:33. Nunha apertada chegada, superou por un segundo á italiana Verena Steinhauser e á francesa Sandra Dodet, e por dous á tamén italiana Costanza Arpinelli.