Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dejan Kravić regresa ao Obradoiro para reforzar o xogo interior

Dejan Kravić regresa ao Obradoiro para reforzar o xogo interior

Kravić incorporarase aos adestramentos a finais desta semana

G24.gal 17/10/2025 11:48 Última actualización 17/10/2025 13:18

O Monbus Obradoiro pecha o regreso do pivote Dejan Kravić (2,13 m) para reforzar o xogo interior do equipo tras a lesión de longa duración de Goran Huskic, sufrida fronte ao Hestia Menorca. O xogador serbio volverá así a Santiago de Compostela, onde xa defendeu a camiseta obradoirista durante a tempada 2019/20.

Kravić incorporarase aos adestramentos a finais desta semana co obxectivo de poñerse ás órdenes de Epi o antes posible e estar dispoñible para axudar ao equipo nos próximos compromisos. Compartirá a rotación interior con Felipe dos Anjos e Aitor Etxeguren, achegando experiencia, presenza física e coñecemento do xogo.

Na última tempada militou no Movistar Estudiantes da Primeira FEB, onde disputou 34 partidos de liga regular, cunha media de 11,9 puntos, 6,6 rebotes e 0,8 asistencias, contribuíndo a que o conxunto madrileño acadase a Final Four de ascenso á Liga Endesa.

Kravic conta cunha ampla traxectoria no baloncesto español, tendo xogado tamén no San Pablo Burgos, Unicaja Málaga e Casademont Zaragoza.

Diego Epifanio resalta a experiencia do serbio.

"É un xogador con ampla experiencia internacional, que ademais coñece ben a categoría tras ter competido nela a pasada tempada. Destaca pola súa excelente lectura do xogo, a súa capacidade para xerar vantaxes nas continuacións de bloqueo e a súa eficacia no rebote en ambos aros. Axudaranos a equilibrar o xogo interior e a contar con máis recursos na rotación”.

“Valoramos especialmente que a súa adaptación poida ser rápida, xa que coñece a cidade, o club e varias das persoas que continúan desde a súa anterior etapa”.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos