Publicador de contidos

Publicador de contidos

Víctor Senra e Alberto Meira loitan polo campionato galego no San Froilán

Víctor Senra e Alberto Meira loitan polo campionato galego no San Froilán

Meira: "Imos ver se lle acontece algo, Víctor vai co WRC, e a ver que pasa"

Senra: "Iso sempre pode pasar, dependemos tamén da máquina"

G24.gal 17/10/2025 13:02 Última actualización 17/10/2025 13:11

O rally, organizado pola Escuadra Miño, disputarase con catro tramos, a dobre pasada, en Outeiro de Rei, no Corgo, en Samos e entre O Páramo e Goián (Sarria), que suman máis de 93 quilómetros cronometrados.

O Rally San Froilán conta co patrocinio da Vicepresidencia da Deputación como principal apoio institucional. O tramo nocturno de Samos é a gran novidade do percorrido dunha edición que decidirá o Campionato Galego de Asfalto.

Víctor Senra e Alberto Meira son os pilotos con opcións de facerse co título galego ao final da proba.

Meira: "Imos ver se lle acontece algo, Víctor vai co WRC, e a ver que pasa".

Senra: "Iso sempre pode pasar, dependemos tamén da máquina".

Desde a organización destacaron que este rally reúne "a mellor lista de rexistrados do campionato", asegurou o vicepresidente da Deputación Efrén Castro, con tres coches da categoría World Rally Cars (WRC) e sete da R5.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade