Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sara Guerrero e Genís Grau proclámanse campións de España de tríatlon na Coruña

Sara Guerrero e Genís Grau proclámanse campións de España de tríatlon na Coruña

A naronesa revalidou o seu título por diante de Maite Jiménez-Orta e de Alejandra Seguí

O catalán, do Fluvial de Lugo, venceu por diante de Izan Edo e Esteban Basanta

Foto: FETRI
G24.gal 01/06/2025 12:00

A galega Sara Guerrero, do Náutico de Narón, e o catalán Genís Grau, do Fluvial de Lugo, son os novos campións de España de tríatlon na categoría elite, logo das finais disputadas na Coruña.

Guerrero foi a máis rápida entre as cinco participantes que formaban o grupo de cabeza na carreira a pé. Arrancou no último quilómetro, e gañou cun tempo de 1h 49m 43s, tres segundos por diante de Maite Jiménez-Orta, que se proclamaba campioa sub-23. Alejandra Seguí completaba o podio en terceira posición. 

As categorías por equipos estiveron dominadas polos clubs galegos. A absoluta gañouna o CIdade de Narón, por diante do CEA Bétera e CIdade de Lugo Fluvial. Este último club impúxose na sub-23.

Na carreira masculina, Genís Grau arrancou no último medio quilómetro. O catalán do Fluvial de Lugo soltou a Izan Edo e gañou cun tempo de 1h38m17s, tres menos co seu rival, que se fixo co título sub-23. O terceiro chanzo do podio foi para Esteban Basanta, tamén do Fluvial, que se impuxo por equipos absolutos e sub-23.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade