Publicador de contidos

Publicador de contidos

Preparando as casas para o frío: caldeiras e cociñas piden unha limpeza ao ano

Preparando as casas para o frío: caldeiras e cociñas piden unha limpeza ao ano

Todos os sistemas de calor precisan dunha limpeza por seguridade e por rendemento

Limpar unha cheminea roza os cen euros e encher o depósito do gasóleo non chega aos 900

A limpeza anual roza os cen euros
G24.gal 16/09/2025 14:40 Última actualización 16/09/2025 18:27

Acordámonos de Santa Bárbara cando trona e deles cando refresca. 

"Para facer a limpeza eu recomendo primavera ou verán, que están apagadas e non se utilizan, porque agora a xente cando as vai acender, non lles acenden e acórdanse de que están sen limpar", explica Manuel Casal, dono de Tecno Chimeneas Galicia.

Coas primeiras néboas, os encargados da limpeza e do mantemento de cociñas e caldeiras arrancan a temporada alta de traballo. Tamén nas empresas de subministración.

"É un traballo moi estacional. Dependemos moito de que vaia frío. A semana pasada parecía que empezaba a moverse o tema", confirma Ramón Rodríguez, xefe de administración do Grupo Valdés.

Mírase o tempo, pero tamén o prezo do combustible, moi variable.

"Hai moita xente que chama e pregunta se está moi caro ou barato e prefire esperar. Agora mesmo non está excesivamente caro. Un depósito de mil litros non chega aos 900 euros, anda polos 880", engade Rodriguez.

Pero ademais para aforrar... 

"Hai que limpar", aconsella Moisés Abeijón, responsable técnico de Astyco.

Por seguridade e tamén por rendemento.

"Se temos unha caldeira de leña, de gasóleo ou de gas, aí vaise xerando un residuo que se vai pegando no ferro da caldeira. Con esa feluxe, a chama non vai incidir sobre o ferro para transferir a calor á auga e vaise perder calor que vai saír pola saída de gas. Máis alta será a temperatura de fume e menos a de combustión", detalla Abeijón. 

As que máis manchan, as cociñas de leña, que, por certo, agora provocan máis sustos, e non por casualidade. 

"As chemineas teñen que estar ben limpas. Moitas delas arden por esa 'criosota' porque a madeira ao metela moi verde, van quedando dentro os restos da zume e esa é a maneira de prender lume. Cómprase a leña en marzo ou abril para usala este ano cando esa madeira tiña que ser par o ano que vén", aclara o propietario de Tecno Chimeneas Galicia.

A limpeza anual roza os cen euros, que ben os vale un inverno ao quente e seguro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade