Preocupados por un edificio ocupado ilegalmente en Cangas
No edificio xa se produciron incendios, redadas e unha morte
Os veciños da céntrica rúa Atrancos de Cangas levan anos aturando as molestias dun edificio ocupado ilegalmente. No edificio, din, véndese droga, houbo incendios e mesmo morreu unha muller. Os residentes temen que calquera día se produza un incidente máis grave porque o inmoble é unha polvoreira.
Son as últimas imaxes que gravamos no edificio Rivotril un día sen incidentes no exterior. O noso arquivo está cheo de sucesos neste edificio de Cangas. Incendios, redadas contra a droga e mesmo venda ilegal do fármaco Rivotril. Cada día se achegan a adquirir droga moreas de persoas.
O caso máis grave ademais dos incendios foi a morte dunha muller de 54 anos hai 26 meses no foxo do edificio que estaba cheo de auga que os bombeiros tiveron que achicar para retirar o cadáver. A muller estivo varios días desaparecida.
Outro dos casos máis impactantes foi a redada contra o tráfico de Rivotril. Houbo un detido e 16 investigados. Os veciños teñen medo de qué pode ser o seguinte.