Publicador de contidos

Publicador de contidos

A repartición en Galicia dos Next Generation preocupa a patronal e sindicatos

A repartición en Galicia dos Next Generation preocupa a patronal e sindicatos

O secretario xeral da UXT-Galicia teme que se perdan os fondos que axudarían a "modernizar" a industria

O presidente da Confederación de Empresarios de Galicia pide cambiar a "maneira" de xestionar estes fondos

Difiren na avaliación da sentenza do Supremo que descarta que os despedimentos en pandemia sexan nulos

G24.gal 22/10/2022 10:05 Última actualización 22/10/2022 13:10

O presidente da Confederación de Empresarios de Galicia, Juan Manuel Vieites, e o secretario xeral da UXT-Galicia, José Antonio Gómez, concordan en expresar na Radio Galega a súa preocupación polo risco que poida traer un eventual baixo grao de execución dos fondos europeos Next Generation.

Nunha entrevista no Galicia por diante fin de semana, ambos os dous consideran que se tratan de cartos moi necesarios para "modernizar" a industria en Galicia. 

Gómez admite claramente que lles preocupa que se chegasen a perder algúns dos proxectos industriais da comunidade pola falta deses fondos. O secretario xeral da UXT-Galicia di que algúns deses proxectos son "moi importantes" e van "axudar a modernizar nosa industria, algo imprescindible".

"Dende 2008 os postos de traballo que se perderon na industria foron máis de 35.000", lembrou. 

Pola súa banda, o presidente da patronal galega di que "se queremos cambiar o modelo produtivo de maneira eficaz temos que apoiar os sectores estratéxicos aquí en Galicia, e no sur de Galicia", por iso Vieites pide o cambio na xestión.

"Temos que facer os deberes doutra maneira e non como se están a facer", asegura.

Sentenza do Supremo

No que difiren o secretario xeral da UXT-Galicia e o presidente da patronal galega é na valoración da sentenza do Tribunal Supremo que descarta declarar sempre nulos os despedimentos realizados en pandemia.

José Antonio Gómez recoñece que é unha sentenza do Supremo "que non esperabamos" malia saber de decisións diversas en varios tribunais superiores. Para Gómez "parecía razoable que todos estes despedimentos que se producisen en pandemia ou en empresas que recibiron axudas" -indicou- "fosen nulos e non improcedentes". 

Doutra man, o presidente da patronal galega asegurou que eles pensaban que esta decisión do Supremo "era o que ía suceder" ante as dificultades que viviron moitos empresarios e autónomos na pandemia. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade