Publicador de contidos

Publicador de contidos

Preocupación entre os hostaleiros do ocio nocturno do centro de Vigo ante a proliferación de discotecas clandestinas

Preocupación entre os hostaleiros do ocio nocturno do centro de Vigo ante a proliferación de discotecas clandestinas

 Trátase de locais con licenza de cafetería que se converten en pubs e afters a partir das seis da mañá

Agardan que o Concello tome medidas 

G24.gal 06/12/2022 14:21

Abren ás seis da mañá coincidindo co peche dos locais de ocio nocturno, por iso estas discotecas encubertas énchense de xente que quere continuar de festa. Os hostaleiros denuncian que non están habilitadas nin acondicionadas  para funcionar como discotecas.

Carecen de insonorización, segundo os hostaleiros da zona Náutico de Vigo superan os decibelios permitidos e molestan aos veciños.

Os hostaleiros denuncian que cada vez son máis as cafeterías que teñen licenza de café bar e que se converten en after. 

Os profesionais do ocio nocturno do centro da cidade xa denunciaron a situación ante o Concello e reclaman máis vixilancia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade