Publicador de contidos
Publicador de contidos

Obras de melloras na N-VI causan danos en varias vivendas de Bergondo

Obras de melloras na N-VI causan danos en varias vivendas de Bergondo

Veciños afectados denuncian que cando empregan maquinaria pesada sofren vibracións, fendas e caída de revestimentos

G24.gal 21/02/2024 14:36

Blandina e Jaime son dos veciños máis prexudicados por mor dos traballos do cruzamento entre a Nacional VI e a estrada de Ferrol. A súa vivenda está a uns vinte metros das obras. "Vibra a casa... E se antes tiñamos catro fendas, agora temos corenta".

Uns danos, din, que se agudizaron nas últimas semanas. "Foi a peor cando comezaron a empregar a maquinaria pesada". "Comezaron a caer azulexos e eu creo que unha das paredes vai caer".

En Guísamo ninguén cuestiona a necesidade das melloras viarias na zona nin teñen intención de paralas porque, segundo contan, era un punto negro de alta sinistralidade. Porén si queren que lles garantan que as súas casas, unha vez finalizadas as obras, van quedar igual que antes de comezaren. "O que queremos os veciños é que se fagan cargo dos danos que nos están ocasionando".

Desde o Concello de Bergondo informan de que xa lle enviaron un informe á Demarcación de Estradas do Estado en Galicia e que están agardando resposta. E tamén que se acelerou o ritmo dos traballos para que a rotonda e o asfaltado estean rematados antes do verán.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar