Praias ateigadas nunha calorosa última fin de semana de maio
Os termómetros nas Rías Baixas superaron os 30 graos e na Coruña, chegaron aos 28 de máxima
De norte a sur, as praias de Galicia, foron o mellor refuxio contra a calor deste sábado
Este domingo os termómetros experimentarán un gran descenso. En Vigo baixarán ata dez graos
Como auténticos mantos multicolor, así se presentaban esta tarde os areais nas Rías Baixas ateigados de xente.
As visitas á auga foron unha constante dado que os termómetros chegaron aos 31 graos de máxima.
Os areais da Coruña mollaron algo máis ca os pés cun mar embravecido que a moitos non llelo puxo fácil. Con todo, hoxe tocaba mollarse si ou si. Aquí as temperaturas tamén foron altas para esta época do ano.
Este domingo os termómetros nalgúns puntos de Galicia baixarán case dez graos. Así se despide maio, con moitos contrastes no eido meteorolóxico.