Publicador de contidos
Publicador de contidos

Poucos trens para cubrir a primeira volta a casa do curso

Poucos trens para cubrir a primeira volta a casa do curso

O reforzo de 7.300 prazas queda pequeno ante o retorno dos universitarios

A falta de trens deriva en ringleiras nas billeteiras dos autobuses

Antón Montero 13/09/2024 21:01 Última actualización 13/09/2024 21:09

Primeira fin de semana do curso universitario e reencontro cun vello coñecido: a falta de billetes para tanta demanda.

"Están ao tope, non hai quen consiga un oco neles", "sempre están a rebentar. Hoxe por exemplo non puiden ir á clase porque xa non había tren para despois", relataban dous usuarios.

Un billete para un venres comeza a cotizarse a prezo de ouro. Un mozo explicaba que "os trens están cheos todos os días, tes que coller praza con cinco días ou máis de antelación. Collémolos hai unha semana e había poucos".

"Xa hai trens para dentro de 15 días sen prazas. Os venres nunca temos trens para ir á casa", laiabase unha universitaria.

E aínda por riba, as tecnoloxías non axudan. Unha viaxeira explicaba que "na aplicación pon que non hai sitios pero logo chegamos aquí e vemos que hai sitios libres. Será que a xente non anula, non sabemos. E a aplicación falla".

Moitos dos que conseguen praza fano á custa de recortar tempo de descanso.

"Os venres é imposible volver á casa e os domingos igual tes que marchar ás oito da mañá. Ao final, case non che dá tempo de pasar pola casa na fin de semana", contaba unha viaxeira na estación de Vigo.

A falta de prazas deriva o problema cara aos autobuses. Longas ringleiras que a miúdo acaban en balde.

Un mozo relata que "viñemos ás 6, pero xa non había sitio no bus, tivemos que pillar o seguinte". "Fomos con tempo e ben, pero o bus moi cheo", engade outra estudante.

Os usuarios piden máis trens, sobre todo directos entre A Coruña e Vigo. De pouco serviron as 7.300 prazas coas que RENFE reforzou os traxectos en Galicia tras o verán.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade