Publicador de contidos

Publicador de contidos

Veciños de Cangas quéixanse porque un poste eléctrico leva meses en risco de derruba

Veciños de Cangas quéixanse porque un poste eléctrico leva meses en risco de derruba

Os veciños din que permanece en pé grazas ao sustento da vexetación que rodea 

O poste é de formigón e supón un perigo para os peóns e os coches que transitan pola estrada

G24.gal 06/10/2022 14:08

Permanece en pé grazas ao sustento da vexetación que rodea. É un  poste de formigón da rede eléctrica de Cangas en claro risco de derruba. Os veciños aseguran que leva meses nesta situación sen que ninguén tome medidas.

O que máis preocupa aos veciños da zona é que poida producirse un accidente grave, xa que esta é unha vía pola que pasan coches, pero sobre todo peóns.

O poste está nunha vía que discorre paralela ao corredor do Morrazo e está moi preto dunha zona escolar.

Os veciños reclaman a reposición urxente do poste e xa comunicaron ao Concello a situación para que medie coa compañía eléctrica.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade