Publicador de contidos

Publicador de contidos

Portugal afronta unha nova vaga da covid, con máis de 22.000 contaxios diarios

Portugal afronta unha nova vaga da covid, con máis de 22.000 contaxios diarios

A incidencia acumulada a sete días supera os 1.500 casos por 100.00 habitantes 

Algunhas voces expertas propoñen a volta das máscaras nos espazos interiores

Preocupa a presión hospitalaria, sobre todo, na zona norte do país

Hai un mes que Portugal eliminou a obrigatoriedade das máscaras nos interiores
G24.gal 22/05/2022 17:25 Última actualización 22/05/2022 18:42

Portugal enfróntase a unha nova vaga da covid e xa é o país co maior número de contaxios en Europa. O número de positivos disparouse, sobre todo, na zona norte.

Nunha semana rexistraron 157.502 infeccións, un 58 % máis, e a incidencia acumulada a sete días supera os 1.500 casos por cada 100.00 habitantes. 

Ante este incremento, hai voces expertas que xa propoñen volver ás máscaras nos espazos interiores, onde xa non son obrigatorias desde hai un mes.

Na última semana contabilizáronse 47 falecementos e a Dirección Xeral da Saúde prevé que en dúas semanas poidan chegar aos 60.000 casos diarios. 

Presión hospitalaria

Tamén preocupa a presión sanitaria. O hospital São João do Porto anunciou a posibilidade de aprazar cirurxías e consultas programadas pola saturación das urxencias.

Deamis Portugal comezou a administrar esta semana a cuarta dose da vacina a maiores de 80 anos, e tamén ás persoas que viven nas residencias ao seren consideradas persoas de risco.

As persoas de maior idade seguen mantendo as máscaras tanto no exteior como no interior.
Publicidade
Publicidade
Publicidade