Publicador de contidos

Publicador de contidos

Aubameyang chega á Coruña para incorporarse ao Deportivo

Aubameyang chega á Coruña para incorporarse ao Deportivo

 

 

G24.gal 18/07/2026 13:35

Pierre Aubameyang chegou este mediodía ó aeroporto da Coruña. Alí xa posou cunha bufanda do seu novo equipo. Asinou contrato co Deportivo para as dúas próximas temporadas. O exfutbolista do Olympique de Marsella é a sexta incorporación do equipo de Antonio Hidalgo, e xa no aeroporto tivo o primeiro contacto coa afección deportivista.

No Olympique de Marsella completou unha destacada campaña, sumando un total de 40 partidos oficiais nos que anotou 14 goles, entre Ligue 1, Copa e Champions League. 

Durante a súa carreira tamén xogou no Arsenal, co que disputou 163 encontros e marcou 92 goles; pasou polo FC Barcelona, onde na temporada 2021-22 sumou 13 goles en 24 partidos. E tamén formou parte do Chelsea, Mónaco, Lille e Saint-Étienne.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade