Extinguidos os incendios de Boborás e Crecente
Estes incendios quedaron extinguidos este venres pola tarde. O do concello ourensá de Boborás ardía ese o xoves e do pontevedrés de Crecente comezara o mesmo venres ás cinco da tarde
Bombeiros traballando na extición do incendio de Boborás. Foto: Rosa Veiga/Europa Press
Os incendios de Boborás e Crecente quedaron extintos na tarde deste venres, segundo informan fontes da Consellería do Medio Rural.
O lume do concello ourensá de Boborás declarouse ás 12.40 horas do xoves e afectou ao castro de Xurenzás. Finalmente, este venres, ao redor das 17.03 horas deuse por extinto, calcinando unha superficie total de case 15 hectáreas.
Na actuación mobilizáronse un total de 13 axentes, 21 brigadas, 13 motobombas, dúas pas, dous técnicos, sete helicópteros e catro avións.
O incendio do concello pontevedrés de Crecente obrigou a interromper a circulación do tren entre Vigo e Ourense entre a tarde do mércores e a mañá do xoves por un corte entre Frieira e Filgueira debido á proximidade a este incendio. Quedou extinguido tamén este venres.
Medio Rural precisou que o lume deuse por extinto ás 17.08 horas da tarde e calcinou un total de 11,69 hectáreas. Na actuación se movilizaron oito axentes, 17 brigadas, 12 motobombas, unha pa, dous técnicos, catro helicópteros e catro avións.