Publicador de contidos

Publicador de contidos

Portugal declara as pesqueiras do río Miño como Patrimonio Cultural Inmaterial

Portugal declara as pesqueiras do río Miño como Patrimonio Cultural Inmaterial

Son construcións en pedra utilizadas no Miño para a pesca de especies como a lamprea

G24.gal 30/11/2022 19:40 Última actualización 30/11/2022 22:05

Portugal declara as pesqueiras do río Miño como Patrimonio Cultural Inmaterial.

Esta decisión recoñece unha arte de pesca "que se atopa activa no territorio e se reviste de extrema importancia na reprodución da memoria e a identidade das comunidades en que se insire", informou nun comunicado a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural (DGPC) de Portugal.

As pesqueiras son construcións en pedra, constituídas por un corpo en forma de muro composto por pedras emparelladas, utilizadas a ambos os dous lados da fronteira que marca o Miño entre o norte de Portugal e Galicia para a pesca de especies como a lamprea, a zamborca ou o salmón.

Hai preto dun milleiro de pesqueiras identificadas no curso do Miño. A solicitude para que esta arte de pesca fose considerada Patrimonio Cultural Inmaterial foi realizada polo Agrupamento Europeo de Cooperación Territorial do Río Miño.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade