Publicador de contidos

Publicador de contidos

Por que pensar moito cansa?

Por que pensar moito cansa?

Cando facemos un exercicio mental intenso, unha serie de substancias tóxicas acumúlanse na nosa codia prefrontal e fainos sentir fatiga

O remedio é sinxelo: descansar e durmir

G24.gal 11/08/2022 19:37

A acumulación na codia prefrontal de substancias tóxicas cando o cerebro se ve sometido a un traballo intenso é responsable do esgotamento físico que produce realizar un duro traballo mental, segundo as investigacións dun grupo de científicos publicadas este xoves na revista Current Biology.

Así, mentres "teorías influentes" sosteñen que "a fatiga é unha especie de ilusión inventada polo cerebro para que deixemos de facer o que esteamos a facer e pasemos a unha actividade máis gratificante", agora crese que é tamén "un sinal que nos fai deixar de traballar" para "preservar a integridade do funcionamento do cerebro", apuntou o investigador.

Esta é a explicación científica de por que non só o duro traballo físico esgota, senón que sentar a pensar moito durante horas tamén fai que un se sinta esgotado.

Pessiglione e os seus colegas do estudo, dirixido por Antonius Wiehler, querían comprender que é realmente a fatiga mental, ante as sospeitas de que o motivo tiña que ver coa necesidade de reciclar sustancias potencialmente tóxicas que xorden da actividade neuronal.

Para as súas investigacións utilizaron espectroscopía de resonancia magnética (MRS) para monitorizar a química cerebral no transcurso dun día laboral e observaron dous grupos de persoas: os que necesitaban pensar moito e os que tiñan tarefas cognitivas relativamente máis fáciles.

Viron signos de fatiga, incluída unha menor dilatación das pupilas, só no grupo que realizaba un traballo mental duro. Ademais, observaron que tras o duro traballo mental optaban por cambiar cara a accións que propuñan recompensas en pouco tempo e con pouco esforzo.

E tiñan ademais niveis máis altos de glutamato (un dos neurotransmisores máis importantes do sistema nervioso) nas sinapses da codia prefrontal do cerebro.

Así, o control sobre as decisións altérase e un é máis propenso a realizar accións de baixo custo que non requiren esforzo.

Segundo explicou Pessiglione, non hai unha maneira de evitar isto, e a única receita é descansar e durmir.

En estudos futuros os investigadores esperan saber por que a codia prefrontal parece especialmente susceptible á acumulación de glutamato e a fatiga e investigar se os mesmos marcadores de fatiga no cerebro poden predicir a recuperación de problemas de saúde, como a depresión ou o cancro. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar