Publicador de contidos

Publicador de contidos

Pontevedra, entre as provincias españolas con aviso por calor: ata 40 °C

Pontevedra, entre as provincias españolas con aviso por calor: ata 40 °C

En Galicia superaranse os 34–36 °C, sendo Pontevedra a que máis alerta ten

No interior e no suroeste peninsular acadaranse os 36–38 °C

Arquivo Arquivo
G24.gal 01/08/2025 09:06

Un total de 21 provincias contan con avisos por tormentas, precipitacións e calor en España. As temperaturas poden chegar ata os 39 °C en Badaxoz. Pontevedra é unha destas provincias.

Segundo a AEMET, os avisos por calor activáronse en Badaxoz e Cáceres (Estremadura), Córdoba, Huelva e Sevilla (Andalucía), Ávila (Castela e León), Toledo (Castela-A Mancha) e Pontevedra (Galicia).

Por outro lado, tamén existen avisos por tormentas e choiva, que se dan en Granada, Xaén, Teruel, Albacete, Cuenca, Guadalaxara, Barcelona, Xirona, o nordeste de Murcia, Castelló e Valencia.

A estes anteriores súmanselles a Serra de Madrid, zonas urbanas de Madrid, Ciudad Real, Toledo e Ávila que tamén contan con avisos por tormentas.

A AEMET espera un tempo anticiclónico para o venres en case todo o país, a excepción do leste ou centro peninsulares, onde se prevé que o paso dunha vagada de onda curta inestabilice esas zonas.

Así, prevese ceo despexado e pouco anubrado, con evolución no centro, leste e sur peninsulares. Tamén intervalos de nubes baixas con choivas débiles no Cantábrico e o norte canario.

Durante a tarde haberá chuvascos, tormentas e refachos fortes na meseta sur, nas montañas contiguas e no leste. As zonas con maior probabilidade de chuvascos é o nordeste de Cataluña e as serras do sueste.

Por outro lado, prevense bancos de néboa dende a mañá nas zonas do extremo norte.

En Galicia, haberá un descenso lixeiro das temperaturas máximas, pois superaranse os 36 °C no suroeste galego.

Sobre as mínimas, haberá un ascenso lixeiro no cetro peninsular e un pequeno descenso no Cantábrico. Na área mediterránea e nas Canarias ascenden a máis de 20 °C, así como nas depresións do suroeste peninsular.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade