Publicador de contidos

Publicador de contidos

Pontevedra creará un rexistro de ADN dos cans para sancionar os donos incívicos

Pontevedra creará un rexistro de ADN dos cans para sancionar os donos incívicos

A cidade ten censados máis cans ca nenos

G24.gal 06/07/2022 21:26

Pontevedra estuda crear un rexistro de ADN dos cans para sancionar os donos incívicos.
En Pontevedra hai rexistrados máis de 16.000 cans. É dicir, a cidade ten máis cans rexistrados ca nenos. Imaxinen o que pasa con que só unha parte deses milleiros de donos de cans non recollan as cacas.

Por iso o Concello de Pontevedra estuda crear un rexistro de ADN dos cans.

Para poder poñer o plan en marcha teñen que cambiar a normativa municipal e facer que, ademais do chip, sexa tamén obrigatorio rexistrar o ADN do can.

E aí comezaría a traballar a ciencia coa mascota.

Facerlle unha proba de saliva e sacar o ADN. E logo sancionar o dono incívico.

E, conta, que o uso do laboratorio aumentará as multas.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos