Pontevedra acolle ás estrelas do cinema español cos Premios Feroz
Os Premios Feroz concédeos a Asociación de Informadores Cinematográficos de España (AICE)
Os presentadores da gala son Samantha Hudson, Petra Martínez, Elisabet Casanovas e o actor galego Antonio Durán, Morris
Entre os asistentes, Oliver Laxe e o equipo de 'Sirat' e tamén os equipos das pelíclulas 'Rondallas', 'Romería', 'Decorado', 'Filmei paxaros voando', participadas pola CSAG
Pontevedra acolle por segundo ano consecutivo os Premios Feroz. Premios que concede a Asociación de Informadores Cinematográficos de España (AICE)para destacar o mellor da produción audiovisual española do ano.
A cerimonia van asistir máis de 1.000 persoas entre nominados, convidados e autoridades. Pola alfombra vermella do Pazo da Cultura desfilaron directores recoñecidos como o galego Oliver Laxe, que vén de ser nominado con dúas candidaturas aos Premios Oscar. Desfilaron tamén os directores Javier Ambrossi, Alauda Ruíz de Azúa, Nacho Vigalongo, Albert Serra, Alberto Rodríguez e Carla Simón.
Carla Simón, co equipo de 'Romería', nos Premios Feroz, este sábado en Pontevedra. Foto: EFE/ Brais Lorenzo
Precisamente, Carla Simón está presente pola súa película 'Romería', rodada en Galicia e participada por CSAG. As outras tres películas participadas por TVG que van a estar presentes nos premios son 'Rondallas' de Javier Sánchez Arévalo, 'Decorado', unha longametraxe de animación dirixida por Alberto Vázquez e 'Filmei paxaros voando', un documental de Zeltia Outeiriño.
Entre protagonistas da película 'Rondallas' están os actores galegos Javier Gutierrez, María Vázquez, Tamar Novas, Carlos Blanco e a actriz Judith Fernández.
En canto a actores e actrices que confirmaron a súa presenza Candela Peña, Javier Cámara, Patricia López Arnaiz, Nagore Aranburu, Ingrid García-Jonsson, Natalia de Molina, José Ramón Soroiz, Álvaro Cervantes, Elena Irureta, Álvaro Morte, María de Medeiros, Anna Castillo, Eduardo Casanova, María León, Asier Etxeandia ou Leticia Dolera.
Outros actores galegos que pasaron pola alfombra vermella dos Premios Feroz foi Mario Casas, coa película 'La cena', e Luis Zahera, nominado a mellor Actor protagonista dunha serie por 'Animal', nominada tamén a mellor Serie de Comedia.
Tampouco faltan á cita dos Premios Feroz en Pontevedra Fran Araújo, productor e guionista de Movistar, e o guionista Pepe Coira.