Publicador de contidos

Publicador de contidos

Tres mortos e cinco feridos graves nun accidente de autobús en Portugal

Tres mortos e cinco feridos graves nun accidente de autobús en Portugal

Os falecidos son dous homes e unha muller de entre 60 e 70 anos

O suceso rexistrouse na A1, a uns 100 quilómetros ao sur do Porto

Imaxes do autobús accidentado/ Guimaraesdixital Imaxes do autobús accidentado/ Guimaraesdixital
G24.gal 21/05/2022 13:58 Última actualización 21/05/2022 18:58

Tres persoas morreron, unha delas o condutor do autobús, e outras cinco feríronse de gravidade este sábado en Portugal despois de que un autocar de longa distancia con case unha trintena de pasaxeiros saíra da estrada tras a picada dunha roda.

O accidente sucedeu contra as nove e media da mañá na autoestrada A1 á altura de Mealhada, localidade a uns 100 quilómetros ao sur do Porto. O sinistro deixou outros 28 feridos leves.

Os bombeiros realizaron traballos de rescate, xa que algunha das vítimas quedou atrapada no interior do vehículo. O accidente obrigou tamén a cortar a circulación na autoestrada nos dous sentidos varias horas, pero xa reabriu.

O autocar ía desde a localidade de Guimaraes, a uns 55 qilómetros ao norte do Porto, cara ao centro do país, ata o santuario de Fátima.

O vehículo tras a picada do pneumático e sáir da estrada, colidiu contra "un poste de dimensións considerables" de alta tensión, conforme aseguraba un dos membros da Garda nacional Republicana desprazados ata a zona.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade