Publicador de contidos

Publicador de contidos

Polo menos catro detidos nunha operación antidroga no Salnés

Polo menos catro detidos nunha operación antidroga no Salnés

As Forzas de Seguridade realizaron sete rexistros noutras tantas vivendas e rochos de Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa

Imaxe de arquivo Imaxe de arquivo
G24.gal 17/01/2023 12:16 Última actualización 17/01/2023 17:07

A Garda Civil, en coordinación co Corpo Nacional de Policía e o Servizo de Vixilancia Aduaneira, detivo catro persoas no marco da operación contra o tráfico de drogas a media escala realizada este martes na comarca do Salnés.  

As Forzas de Seguridade realizaron sete rexistros noutras tantas vivendas e rochos de Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa, sen que ata o momento transcendese se, ademais dos detidos, comisaron de bens ou dalgunha cantidade de droga.  

Segundo fontes da investigación consultadas por Europa Press, os detidos dedicábanse ao transporte de sustancias estupefacientes a nivel intermedio. O tráfico da mercadoría ilícita, normalmente distribuída en fardos dun quilo, facíase por estrada e principalmente entre Galicia e Portugal.  

Os catro detidos están a ser interrogados polas Forzas de Seguridade. Segundo as mesmas fontes, é posible que tres deles queden en liberdade mentres que o cuarto, un mozo de 25 anos detido nun céntrico edifico da capital arousá, sexa posto a disposición do Xulgado de Instrución número 3 de Vilagarcía, que instrúe este caso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade