Publicador de contidos

Publicador de contidos

Polémica veciñal polo paso dun camión de propano en Cangas

Polémica veciñal polo paso dun camión de propano en Cangas

Os veciños denuncian que excede o peso permitido na vía

A familia que o contratou di que ten permisos municipais

G24.gal 10/01/2022 14:00

Os veciños do camiño da Choupana, en Cangas, téñeno claro. Din que a sinalización impide o paso por esa vía a vehículos de gran tonelaxe e non van permitir que acceda o camión de propano que unha familia da zona solicita para a súa subministración persoal.

Aseguran que non teñen nada en contra da familia afectada. Din que o seu posicionamento responde só a criterios de seguridade.

E é que a familia afectada recorreu ao Valedor do Pobo. Aseguran que pediron un camión máis pequeno, pero que a empresa de subministración non o ten.  Non quixeron falar ante as nosas cámaras, pero aseguran que teñen informes técnicos e o permiso do Concello para poder recibir este servizo. Aínda así, esta mañá, coa presenza da Policía Local, o camión de propano non accedeu á vivenda.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade