Publicador de contidos

Publicador de contidos

Polémica polo prezo do café, máis caro canto máis tempo no bar

Polémica polo prezo do café, máis caro canto máis tempo no bar

Unha cafetería de Barcelona cobra de 1,60 a 4 euros, en función do tempo que os clientes tarden en tomar o café

Unha medida para favorecer a rotación das mesas que está causando polémica nas redes sociais

 

G24.gal 08/05/2025 14:04

A imaxe que abriu o debate nas redes sociais é unha carta de prezos do café que oscilan en función do tempo de ocupación da mesa.

"O que quere é unha rotación de mesa porque, se non factura, o negocio non segue adiante", comenta un hostaleiro ourensán. 

Ocorreu en Barcelona, pero a idea pronto se viralizou. Aquí, os hostaleiros non o ven moi viable.

"Se cadra, despois dese café apetécelle tomar outro..., ou déixache de vir". "Nun principio pode prexudicar, pero igual nuns anos acabamos acostumándonos". "Depende, non é o mesmo un bar de barrio que de paso", comentan dous hostaleiros.

Hostaleiros e clientes apelan ao sentido común, tanto dunha parte como da outra.

"Nós imos estar toda a hora cunha tortilla cada unha". "A min non me parece ben. Hai que estar relaxados, non mirando a hora a cada pouco. Pero os clientes tampouco poden abusar". "A xente ten que ter educación, saber que non pode estar dúas horas na mesma mesa", comentan varios clientes.

Mesmo hai quen propón a medida ao revés: rebaixas por consumo rápido: "Que te atendan rápido e, se marcho en dez minutos, unha rebaixiña. Por exemplo, que baixe do euro".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade