Publicador de contidos

Publicador de contidos

Polémica polo globo de Betanzos, que podería non voar este ano

Polémica polo globo de Betanzos, que podería non voar este ano

O globo aínda non comezou a fabricarse

A raíña das festas será substituída polo representante maior

G24.gal 14/07/2023 14:30

Os cambios nas tradicións sempre xeran diferentes opinións, e Betanzos non é unha excepción.  Hai veciños que queren conservalas e outros están máis abertos aos cambios.

Entre os veciños da vila brigantina existe preocupación porque este ano, nas festas de San Roque, poderían quedar sen ver voar o tradicional globo, que aínda non comezou a fabricarse. Terían que estar comezadas as tarefas a finais de xuño e, de momento, non hai constancia de que eses traballos empezasen.

Para case todos, unhas festas sen o globo de Betanzos non serían as mesmas.

O mesmo ocorre coa decisión de eliminar a popular figura da raíña das festas, a que substituirá o representante maior.  

A última raíña, Nerea Abruñedo, explica que ela estivo anos na lista de espera e que lle facía moita ilusión ser raíña. Outros veciños ven na figura da raíña algo desfasado e elitista. Coma sempre, diversidade de opinións.

No Concello non dan explicacións, pero remiten a un posible comunicado nas próximas horas ou días da Fundación Globo de Betanzos. Agora toca esperar e mirar ao ceo para saber se o globo de Betanzos voará nas próximas festas de San Roque.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade