Publicador de contidos

Publicador de contidos

Polémica polas obras no zona portuaria de Palmeira, en Ribeira

Polémica polas obras no zona portuaria de Palmeira, en Ribeira

Os veciños conseguiron coas súas protestas o compromiso de que se van retirar os pivotes e recolocar os bancos de pedra

G24.gal 24/01/2022 13:37

A reforma do porto de Palmeira, en Ribeira, non gusta aos seus veciños. Non ven as vantaxes de colocar pivotes ou os bancos de pedra e restar espazo á circulación, aparcadoiro ou simplemente ao lecer, sobre todo pensando na época estival.

Tras varias protestas e reunións entre os grupos do concello, a alcaldía e Portos de Galicia, semella que existe un compromiso para reorganizar o espazo de novo. 

Un espazo onde non hai tampouco acordo entre o seu deseñador orixinal o arquitecto David Chipperfield, director da Fundación Ría, e o resultado obtido. A peonalización da zona estaba pensada en orixe respectando o espazo e as necesidades da confraría, a hostalaría e outros colectivos da vila.

A veciñanza segue pendente desta reforma polémica e de comprobar que o seu resultado non prexudique as súas vidas cotiás.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade