Lopetegui marcha do Sevilla logo de ser goleado polo Dortmund
Os malos resultados na Liga e na Champions precipitan o cesamento do adestrador
O Real Madrid, con goles de Rodrygo e Vinicius, gañoulle ao Shakhtar por 2-1

O Real Madrid afrontará a segunda volta da fase de grupos da Liga de Campións coa tranquilidade de ter os deberes feitos. Tres de tres na primeira parte, que o deixa a un paso da opción de meterse nos oitavos de final e como primeiro de grupo.
Mereceu un resultado máis amplo ante o Shakhtar ao que derrotou cos goles da parella brasileira de ataque: Vinicius e Rodrygo. Malia recortaren diferenzas no primeiro tempo co gol de Zubkov, os ucraínos non demostraron ter entidade suficiente para inquedar o cadro branco.
Golazo del Real Madrid. Golazo de Vini Jr. #LaCasadelFútbol #UCL pic.twitter.com/FXBMcLeopB
— Fútbol en Movistar Plus+ (@MovistarFutbol) October 5, 2022

Lopetegui, sentenciado
O Sevilla non levanta cabeza e o seu adestrador está sentenciado. Derrota clara e contundente contra o Dortmund, que os deixa case sen posibilidades de superar esta primeira fase, cun só punto en tres partidos.
Jude Bellingham. #LaCasadelFútbol #UCL pic.twitter.com/4LZYhTx4X7
— Fútbol en Movistar Plus+ (@MovistarFutbol) October 5, 2022
Raphael Guerreiro marcou antes do minuto dez e ao borde do descanso sentenciaron Bellingham e Adeyemi. Recortou diferenzas En Nesyri nunha saída en tromba na segunda metade. A reacción quedou niso e o Dortmund puxo o cuarto co gol de Brandt. O adestrador Julen Lopetegui despediuse da que foi a súa afección as últimas temporadas ao final do encontro.
El adiós de un técnico que va a quedar para siempre en la historia del @SevillaFC.
— Fútbol en Movistar Plus+ (@MovistarFutbol) October 5, 2022
La despedida de Julen Lopetegui del Ramón Sánchez-Pizjuán. #LaCasaDelFútbol #UCL pic.twitter.com/DG9Lvivz0p
