Publicador de contidos
Publicador de contidos

Pleno de triunfos galegos na xornada da Liga Feminina

Pleno de triunfos galegos na xornada da Liga Feminina

O Ensino acadou unha gran vitoria sobre o Valencia en Lugo (66-62)

O Celta Zorka Recalvi venceu un rival directo, o Cadí La Seu (79-68)

O Baxi Ferrol derrotou ao Araski na Malata (72-53)

G24.gal 20/01/2024 22:38

Na liga feminina, pleno de triunfos para os equipos galegos. O máis sorprendente foi o do Durán Maquinaria Ensino fronte ao poderoso Valencia. Gañaron as lucenses por catro puntos de diferenza cun último cuarto sobresaínte. Lograron un parcial de 18 a 2  que lles permitiu chegar con vantaxe aos minutos finais.

A pesar das triplas do Valencia, o Ensino puido asegurar o triunfo. Imane Tate logrou a canastra definitiva. Foi a mellor do partido con 28 puntos. O Ensino festexou o seu noveno triunfo en liga.

E o Celta sumou a segunda vitoria consecutiva. Derrotou en Navia o Cadí La Seu, outro dos equipos que loitan pola permanencia na primeira división. As galegas racharon o partido á volta do descanso cando engancharon un parcial de 23-9. Samson e Musa con 16 puntos cada unha foron as máximas anotadoras do equipo vigués.

A xornada completouna o Baxi Ferrol, con outro triunfo con autoridade sobre o Araski na Malata. As ferrolás distanciáronse xa no primeiro cuarto, cun 18-8, e gañaron os tres primeiros parciais, para cder so o último, xa co partido decidido. Selland, con 15 puntos, e Howard, con 13, comandaron a anotación do Baxi, que suma tamén nove vitorias.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos